"Despois vai reparando lentamente en que non hai xeito humano de ollar sen que ninguén te olle. Ao día seguinte soña que come pedras e que non son malas de tragar. Que camiña de noite, serena e espida, como as mulleres dos cadros de Delvaux. (…) Somos animais da anticipación, animais da ruptura, da discontinuidade temporal. Capaces de querer calquera cousa que queiramos con toda a intensidade posible en cada instante".
O SANGUE. María do Cebreiro en O DESERTO, 2015.
Dentro da exposición #MagicalGirls. Novas narrativas da muller vernácula propoñemos unha sesión que insira un tipo de traballo artístico, a performance, que quedou fóra da exhibición obxectual. A Xornada de Arte de Acción e Muller nace co propósito de dar cabida a traballos performáticos creados por mulleres novas da área de Vigo que funcione como un estado da cuestión, como termómetro que mida a temperatura desta disciplina artística neste momento histórico.
Contra as mulleres dos cadros de Delvaux toma o seu nome dun poema, "O sangue", da poeta galega María do Cebreiro que recentemente publicou o seu último libro de poesía titulado “Ou deserto”. O poema fala do sangue, os desexos e os soños dunha muller abstracta en relación á memoria do seu amante. As mulleres que pinta Delvaux son mulleres ideais, sen sentimentos, sexualizadas, ensimesmadas, etéreas, unhas mulleres tamén máxicas, pero entendidas como suxeito pasivo do enunciado: non son meigas, senón enfeitizadas.
A xornada comezará a las 18 hrs. cunha mesa redonda onde se debaterá de modo aberto e libre sobre a pertinencia e necesidade da performance feminina, tópicos, lugares comúns, connotacións políticas, discurso pro-anti-feminista etc. Moderado por María Marco Covelo, comisaria da exposición.
Participan:
Gena Baamonde Especialista en teatro e feminismos
María Roja http://www.mariaroja.com/ Artista Visual
Amaya González Reyes http://cargocollective.com/amayagonzalezreyes Artista Visual
Iría Vázquez e Eva Monroy https://airisairi.wordpress.com/ http://www.evamonroy.es/ Artistas e docentes
A partir das 19 hrs. presentaranse as seguintes pezas performáticas*:
19:00 I MARÍA ROJA: "FACERSE A MORTA NO MEDIO DO CORREDOR", 2016
19:30 I EVA MONROY E IRÍA VÁZQUEZ: "TELOS", 2016
20:00 I AMAYA GONZÁLEZ REYES: "LA PUERTA DE ATRÁS. (UN STRIP-TEASE PARA LA MEMORIA HISTÓRICA)", 2016
20:30 I ALBA BLANCO (http://www.albablancoboga.com/): "EN BANDEJA", 2016. REALIZADO XUNTO AS ALUMNAS DA FACULTADE DE BELAS ARTES DE PONTEVEDRA